Familias acolledoras

Web oficial de acollemento familiar de Cruz Vermella en Galicia.
Un programa da Xunta de Galicia

As familias biolóxicas

Son familias que atravesan unha situación de crise ou dificultade que lles impide atender, axeitadamente e durante un tempo, aos seus fillos.

Causas que poden levar a non poder coidar aos fillos

Os motivos acostuman a ser diversos, con múltiples factores de risco que comprometen o benestar infantil e que, como consecuencia, producen incapacidade de coidar, criar e dar educación nas persoas que os teñen ao seu cargo. Hai familias, que polas circunstancias nas que se atopan, vense abocadas a solicitar á Administración Autonómica que asuma a garda temporal dos seus fillos ou fillas, por un tempo determinado (non superior a 2 anos). Noutras ocasións, é a Administracción Autonómica, de acordo coa lei, a que retira a tutela por verificar unha situación de desprotección ou maltrato infantil.

  • Exclusión social.
  • Dificultades graves con patoloxías e/ou adiccións.
  • Ingresos no cárcere.
  • Falecementos repentinos.
  • Indicadores de maltrato.

Contactos durante o acollemento

O obxectivo final do acollemento é o retorno do menor coa súa familia, unha vez que esta supera as dificultades. Polo tanto, para que non se perdan os vínculos afectivos, durante o acollemento existiran contactos entre o neno ou nena e a súa familia.

Os equipos profesionais xunto coas familias establecen como, onde e cando deben realizarse estes contactos, e as familias acolledoras son responsables de favorecer estas relacións porque contribuirán de forma positiva na historia persoal do menor, así como no seu regreso a casa.

En ocasións, en función do motivo da separación, o menor non debe manter contactos coa súa familia. Procuramos, en cada caso, dar a resposta máis axeitada a cada neno ou nena.

Experiencias

O obxectivo final dun acollemento é o retorno coa súa familia.